• Facebook
  • Twitter
  • RSS

  • Inicio
  • En Portada
  • Salud
    • Mujer
    • Mayores
    • Infantil
    • Galicia
  • Bienestar
  • Nutrición

Home » Galicia » Os medicamentos xenéricos aforrarán aos galegos máis dun millón de euros

Os medicamentos xenéricos aforrarán aos galegos máis dun millón de euros

Posted by: admin    Tags:      Posted date:  enero 22, 2010  |  No comment

medicamentosA conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, salientou que as tres primeiras fases da Campaña de Promoción de Medicamentos Xenéricos ou de Menor Custo (cos nove medicamentos introducidos) permitirá un aforro durante o 2010 de 1.050.671 euros. En detalle, a proxección de aforro durante o ano 2010 para a primeira fase ascende a un total de 484.763 euros; a unha contía total de 140.701 euros cos medicamentos da segunda fase; e con 425.207 euros cos medicamentos da terceira fase durante o 2010.

Así o afirmou Pilar Farjas Abadía na presentación dos tres novos fármacos que se incluirán na Campaña de Promoción de Medicamentos da Xunta de Galicia, iniciando así a terceira fase que se desenvolverá a partir deste mes. Estes tres medicamentos son a Atorvastatina (utilizado para diminuír os niveis de colesterol en sangue e na prevención de enfermidades cardiovasculares), o Irbesartán (usado no tratamento da hipertensión arterial) e o Lorazepam (indicado para o manexo de trastornos de ansiedade). Estes fármacos súmanse aos seis primeiros elixidos nas dúas primeiras fases – Amlodipino, Venlafaxina retard, Paracetamol 1 gramo comprimido efervescente, Metformina, Levofloxacino e Fentanilo transdérmico- seguindo criterios de amplo uso en atención primaria e diferenza de prezo entre o medicamento de marca e o xenérico.

Balance positivo
O desenvolvemento desta Campaña, que cada tres meses incorpora tres novos medicamentos, está a reflectir un incremento na porcentaxe de envases xenéricos prescritos dende o mes de xullo ?no que se iniciou a campaña- ata os últimos meses do ano 2009.

Ademais, no marco do Plan de Boas Prácticas de Prescrición e o Uso Racional do medicamento a Consellería de Sanidade estableceu outras actuacións como a creación dun Observatorio do Bó Uso do Medicamento que comprendeu entre outras accións a constitución dun grupo de traballo para a boa calidade de prescrición; ou unha xornada técnica cos xefes de servizo de Farmacia dos hospitais da rede co fin de introducir melloras nos medicamentos de ámbito hospitalario. Farjas Abadía tamén explicou que se está a desenvolver unha orde que regule a creación dunha Comisión Centralizada de Farmacia e Terapéutica como órgano interno de asesoramento que propoña estratexias de mellora na xestión eficiente dos recursos farmacoterapéuticos e na equidade no acceso aos mesmos.

Durante estas primeiras fases mellorouse o módulo de prescrición da historia clínica IANUS; e realizáronse dúas campañas informativas, a primeira dirixida aos facultativos e a segunda destinada á poboación xeral a través dos medios de comunicación; tal e como explicou Farjas Abadía.

Apoio total dos profesionais
A participación, a información e a comunicación cos facultativos está a ser a clave do éxito desta Campaña, que coa súa prescrición fomentan determinados medicamentos xenéricos ou de menor custe fronte aos de marca. Por isto, a responsable da carteira sanitaria reiterou o seu agradecemento pola implicación que os profesionais veñen amosando con esta iniciativa dende a súa implantación. Nun momento no que, dixo Farjas Abadía, a xestión económica e eficiente dos recursos sanitarios públicos cobra especial importancia.

Neste senso, Pilar Farjas sinalou como un dos obxectivos primordiais o de diminuír o gasto por receita nos fármacos que posúen unha alternativa máis económica, coa fin de dispoñer máis recursos para a innovación. Isto redundará na posibilidade de achegar aos cidadáns unha mellor oferta terapéutica, xa que poderase aproveitar o que se aforre a través da xestión eficiente dos recursos dispoñibles para investir en novas infraestruturas sanitarias de vangarda e nunha mellora na prescrición e no investimento en fármacos de última xeración.

Así mesmo, a Consellería de Sanidade asume o compromiso de austeridade, eficacia e eficiencia do Goberno autonómico, ao tempo que Galicia busca mellorar a súa posición nos ránkings nacionais de prescrición de xenéricos e converxer así coa media nacional.

De cara aos vindeiros meses, Pilar Farjas dará comezo un plan de inspección que contempla o seguimento e control das oficinas de farmacia na dispensación electrónica de receitas; continuarase coas melloras no módulo de prescrición de IANUS que faciliten a prescrición dos medicamentos da campaña e no contido do perfil de prescrición do facultativo; e contemplarase nos acordos de xestión a porcentaxe de prescrición de xenéricos e a prescrición por principio activo.


    Share This
About the author
admin
  • Boletín

    Pon tu email para recibir noticias de SanaSana:

  • Vídeos

    Ver la lista de vídeos

  • Síganos en Facebook

  • Se habla de…

    alcohol alimentos Alzheimer cannabis cerebro cocaina colesterol corazón csic cáncer cáncer de mama células madre deporte depresión diabetes dieta dieta mediterránea droga drogas ejercicio embarazo Farjas fumar grasas gripe gripe a infancia infarto Mayores medicamentos memoria neuronas Nutrición obesidad obesidad infantil oms Parkinson sexo sida sueño tabaco tabaquismo trasplantes tuberculosis vih



 

 
Sana Sana. Contenidos bajo licencia Creative Commons, salvo que se especifique lo contrario.
×

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestraPolítica de cookies. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso.

Sí, estoy de acuerdo.  No! Sólo pueden almacenar mi respuesta, ninguna otra cookie.